lunes, 21 de junio de 2021

 UNHA LECTURA PARA VERÁN... 

                                                            BLUE JEANS: El campamento


Blue Jeans constitúe un dos grandes referentes da literatura xuvenil dos últimos anos. Estamos ante a historia dun campamento organizado por Fernando Godoy, un dos homes máis ricos de España, que pretende formar a uns rapaces para que no futuro sexan os seus sucesores. Mais cando están desfrutando desta experiencia, ocorre algo inesperado; aparece un cadáver. A partir deste momento todo cambiará, e os acontecementos inesperados iranse sucedendo. Todo un thriller para a nosa mocidade...


martes, 1 de junio de 2021

 

VIDEOCONFERENCIA CON SANTIAGO JAUREGUÍZAR






O venres 28 de maio, o alumnado de 2º, 3º, 4ºESO e 1ºBAC tivo a oportunidade de convensar en directo con Jaureguízar, autor de obras como A cova das vacas mortas, Corazón de chocolate ou Placebo. Esta última tamén proposta para o club de lectura. Resultou moi amena e interesante para o noso estudantado. Un broche final magnífico para o ciclo de actividades relacionadas con encontros de escritores neste curso.

martes, 25 de mayo de 2021

 CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS COA VISITA DE YOLANDA CASTAÑO AO NOSO IES!

    Poeta, tradutora, activista, crítica literaria, conferenciante... Así de polifacética é a escritora de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias. Nela recórdase a traxectoria vital e profesional de Xela Arias, a través de 36 microrrelatos dos que se desprende o ambiente familiar no que se que criou, o tránsito do rural ao urbano, os seus traballos e premios, o seu compromiso coa lingua e coa sociedade, o seu carácter transgresor e rupturista co convencional... Todo isto explicado, magnificamente, pola nosa convidada para o alumnado de bacharelato, mentres que outra sesión dedicouna a un interesantísimo taller de poesía creativa para 4ºESO. Un privilexio podela ter no centro!






viernes, 30 de abril de 2021

 VISITA AO NOSO CENTRO DE XAVIER FRÍAS





Hoxe tivemos a sorte de contar co prolífico escritor Xavier Frías, quen ademais de narrador xuvenil tamén escribe teatro. Precisamente o noso alumnado traballou a colección de micropezas "O Principiño e o asteroide de ferralla" e puido satisfacer as curiosidades propias deste xénero, tan especial, mais tamén tan esquecido. Moitas grazas, Xavier!

Proxecto subvencionado polo Ministerio de Cultura

martes, 20 de abril de 2021

  XORNADAS PLAMBE

Os días 15 e 16 de abril, celebráronse as xornadas do Planbe de xeito on line. O IES Carlos Casares estivo presente nas ditas xornadas. Versaron sobre lectura fácil, experiencias de desenvolvemento de distintos proxectos levadas a cabo en centros educativos como poñer en marcha clubs de lectura... Sempre nos poden aportar ideas...

lunes, 12 de abril de 2021

 VISITA  AO NOSO IES A ESCRITORA IRIA MISA PARA FALAR DA SÚA NOVELA:

Mamá, quero ser Ziggy Sturdust




O 12 de abril tivemos a sorte de contar coa presenza da escritora Iria Misa, referente na literatura galega, ao lado doutras autoras como Eva Mejuto, á hora de abordar nas nosas letras o complexo tema da transexualidade. Por medio do personaxe principal do seu libro, Aine, que non se identifica co seu sexo nin xénero asignado ó nacer, pretende eliminar prexuízos verbo do citado tema e contribuír a formar conciencias críticas desde idades temperás. Porque só falando das cousas e visibilizándoas poderemos entendelas e normalizalas. É por iso que este libro debería ser lectura obrigada en todos os centros. Moitas grazas, Iria!

miércoles, 24 de marzo de 2021

 E falando de poesía neste mes...

ÓSTRAKA

O universo das emocións xermola nesta ocasión da man do poeta lucense Luis Valle, alguén capaz de  xunguir a felicidade do pasado, coa experiencia da ausencia do presente, a partir dunha viaxe de autoexploración persoal... Todo un exercicio de reflexión intrapersoal grazas á lectura dos seus poemas