viernes, 25 de noviembre de 2016

Películas e novelas que reflicten o maltrato e discriminación da muller

Durante a vindeira semana o IES Carlos Casares adica un stand da súa Biblioteca a expoñer tanto obras literarias como fílmicas que centren a súa temática no maltrato ou a discriminación da muller pola súa condición de xénero.
Algunhas son obras clásicas (La Regenta), que era machista e inxusta, e que, si se quere, tamén se pode interpretar como un alegato á independencia da muller. En La frontera de cristal, de Carlos Fuentes, aparece a muller mexicana como man de obra esclava para o xigante do Norte, os Estados Unidos. En Te doy mis ojos, a película de Iciar Bollaín, o maltrato e a violencia cruda na nosa sociedade aparece con toda a súa amargura.
Deixamos pois, que cine e literatura sexan testemuñas vivas dun mundo desequilibrado que queremos cambiar por unha igualdade efectiva de dereitos e deberes. NIN UNHA MÁIS.

Lista de cancións relacionados coa violencia de xénero:

No hay comentarios:

Publicar un comentario