martes, 20 de diciembre de 2016

Lecturas para o Nadal

Ola!
Desde a biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, propoñemos estas lecturas para as vacacións de Nadal:

  • "El asesinato de Sócrates" de Marcos Chicot.
  • "La carne" de Rosa Montero.
  • "Os megatoxos e a cara oculta de Lúa" de Anxo Fariña.
  • "El libro de los Baltimore"  de Joel Dicker.
  • "Cuando llega la luz" de Clara Sánchez.
  • "Izan o da saca" de Xabier Quiroga.
  • "Aqueles anos en que eramos malas" de Inma López Silva.
  • "La chica del tren" de Paula Hawkins.
  • "O deserto" de María do Cebreiro.
  • "As bruxas" de Roald Dahl.
  • "A ferida do vento" de Antón Riveiro Coello.
  • "A boca do monte" de Celia Díaz.
  • "Todo esto te daré" de Dolores Redondo.
  • "La emperatriz de los etéreos" de Laura Gallego.
Todos os títulos están á vosa disposición :)

Bo Nadal!



lunes, 12 de diciembre de 2016

Libro recomendado do mes de decembro


Este mes queremos presentarvos a obra que gañou o Premio Planeta 2016 "Todo esto te daré", unha novela de Dolores Redondo, autora da triloxía do Baztán.
No escenario maxestuoso da Ribeira Sacra, Álvaro sufre un accidente que acabará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descubre que a investigación sobre o caso está pechada.
O rexeitamento da súa familia política, os Muñiz de Dávila, faino fuxir pero unha nova circunstancia provoca que se quede porque non é a primeira vez que hai un crime enmascarado nunha familia como a dos Muñiz, rodeada de nobres e de priviliexios.
Para saber como segue, convidámosvos a ler este libro onde aparecen mortes inesperadas e escuros secretos familiares.

sábado, 3 de diciembre de 2016

Tertulia literaria con Inma López Silva

O pasado xoves tivemos o pracer de asistir cos nosos alumnos a unha tertulia literaria organizada polo IES de Allariz e na que participabamos varios centros de Xinzo, Maceda , Ourense e Viana do Bolo.
O encontro literario foi con Inma López Silva, autora de  obras como "Concubinas", "Non quero ser Doris Day", "New York, New York" ou "Aqueles días en que eramos malas", novela que eliximos para que a autora nos contara como foi o proceso de creación e tamén respondera ás nosas dúbidas, inquedanzas, curiosidades e preguntas.
 
"Aqueles días en que eramos malas" conta as historias de cinco mulleres que comparten un módulo na prisión da A Lama. Margot, Laura, Sor Mercedes, Inma e Valentina amosan unhas vidas marcadas polos malos tratos, as violacións, as drogas, a prostitución, o tráfico de bebés, o desterro... e por una serie de delitos polos que acaban no cárcere.

A tertulia comezou cunha entrevista radiofónica, cuxa presentación estivo a cargo de Carlos Ferreiro (director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo), e na que interviron alumnos dos distintos centros participantes para logo dar paso ó encontro xeral no que todos disfrutamos intercambiando pareceres sobre o libro e sobre a vida porque Inma estivo encantada de transmitirnos as súas opinión sobre calquera tema polo que lle preguntamos.

Como non, os libros están á vosa disposición na nosa biblioteca e polo que me contou Vinca (xa vos direi quen é no seu momento) parece que van voarme das mans :) :)


 

Aquí vos deixo unhas fotos:




 
Grazas ó IES de Allariz, ós centros participantes, ó alumnado e, sobre todo, a Inma, por compartir con xenerosidade parte do seu tempo con todos nós.