sábado, 3 de diciembre de 2016

Tertulia literaria con Inma López Silva

O pasado xoves tivemos o pracer de asistir cos nosos alumnos a unha tertulia literaria organizada polo IES de Allariz e na que participabamos varios centros de Xinzo, Maceda , Ourense e Viana do Bolo.
O encontro literario foi con Inma López Silva, autora de  obras como "Concubinas", "Non quero ser Doris Day", "New York, New York" ou "Aqueles días en que eramos malas", novela que eliximos para que a autora nos contara como foi o proceso de creación e tamén respondera ás nosas dúbidas, inquedanzas, curiosidades e preguntas.
 
"Aqueles días en que eramos malas" conta as historias de cinco mulleres que comparten un módulo na prisión da A Lama. Margot, Laura, Sor Mercedes, Inma e Valentina amosan unhas vidas marcadas polos malos tratos, as violacións, as drogas, a prostitución, o tráfico de bebés, o desterro... e por una serie de delitos polos que acaban no cárcere.

A tertulia comezou cunha entrevista radiofónica, cuxa presentación estivo a cargo de Carlos Ferreiro (director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo), e na que interviron alumnos dos distintos centros participantes para logo dar paso ó encontro xeral no que todos disfrutamos intercambiando pareceres sobre o libro e sobre a vida porque Inma estivo encantada de transmitirnos as súas opinión sobre calquera tema polo que lle preguntamos.

Como non, os libros están á vosa disposición na nosa biblioteca e polo que me contou Vinca (xa vos direi quen é no seu momento) parece que van voarme das mans :) :)


 

Aquí vos deixo unhas fotos:




 
Grazas ó IES de Allariz, ós centros participantes, ó alumnado e, sobre todo, a Inma, por compartir con xenerosidade parte do seu tempo con todos nós. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario