lunes, 15 de mayo de 2017

Encontros literarios "Á Luz da candea": María do Cebreiro

 
Esta mañá tivemos una tertulia literaria con María do Cebreiro que compartiu confidencias cos alumnos de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBACH sobre a súa traxectoria literaria e sobre a súa última obra publicada "O deserto", un poemario cheo de referencias bíblicas, mitolóxicas, filosóficas, pictóricas e onde priman as sensacións.

María do Cebreiro, doutora en Teoría de la literatura e autora pertencente á Nova Poesía Galega que ten no seu haber obras como "O estadio do espello”, “Cuarto de outono”, “Non son de aquí”, “ A ferida”, “Os inocentes” ou “O deserto”.

É filla de poetas galegos e leva a literatura nas súas veas pero a súa predisposición para escribir foi coma un proceso de encontrarse consigo mesma. A poesía era algo cotián na súa vida e como ela mesma di: “Eu creo que ía escapando da poesía e a poesía perseguíame a min. Un día decidiu publicar e firmar como María do Cebreiro para buscar o seu camiño, independentemente dos seus apelidos Rábade e Villar, rodeados de literatura, poesía, escritura e sensibilidade.

A música tamén é unha constante na súa traxectoria vital e por iso publica Damas negras: música e poesía cantada por mulleres”, un libro no que se fai unha antoloxía das cancións en lingua inglesa de mulleres afroamericanas, en xeral do jazz, do blues, do soul…e no que se adapta ó galego unhas letras dunhas cancións que acompañaban á nosa autora e que moitas son grandes clásicos do Cancioneiro norteamericano.

Coa súa última obra publicada "O deserto" acada o Premio da Crítica 2015, achegándonos a una poesía que privilexia a dor, a pel, o sangue, a ferida, o tormento pero tamén o amor.

Eu quédome con estas verbas do seu poema "O corazón": "A vida é o sentido, a morte quizáis sexa una experiencia nobre e o corazón a máquina de guerra que escolle a quen lle dar a súa metralla".

Grazas, María, por compartir con nós as túas palabras, a túa sensibilidade, a túa poesía e a túa vida.

 

Déixovos unhas fotos e videos para que entendades a magnitude do evento:
 
 
 
 
 
 


 



 

 
 
 
 
 
 
 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario