miércoles, 19 de diciembre de 2018

Lecturas recomendadas para as vacacións de Nadal

Temos novedades na nosa biblioteca así que si queredes relaxaros e disfrutar da lectura nestas datas de lecer, propoñémosvos uns cantos títulos:


  1. La abuela gánster de David Walliams.
  2. Robotmanía de Raúl Lapeira e Andreu Marsal.
  3. El teorema del loro de Denis Guedj
  4. Street Poems de Fran Alonso.
  5. El tesoro cósmico de Lucy and Stephen Hawking.
  6. Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa.
  7. Asimetría de Lisa Halliday.
  8. A balada dos unicornios de Ledicia Costas.
  9. Senlleiras de Antía Yáñez.
  10. A nena do abrigo de astracán de Xabier P. DoCampo.




Esperamos que vos gusten!


miércoles, 5 de diciembre de 2018

Tertulia literaria en Allariz

O pasado martes 27 de novembro asistimos a unha tertulia literaria con Antía Yáñez, autora de "Senlleiras", unha obra que fala da violencia de xénero encarnada en dúas xeracións de mulleres.
Comentamos outros temas como o amor entre mulleres, a educación, as diferencias de clase e a importancia das redes sociais en positivo e negativo.

Aquí tedes unha mostra desa tarde:








martes, 27 de noviembre de 2018

Loitando contra a violencia de xénero

Vinca, a nosa abelliña, está moi triste porque segue habendo violencia de xénero na nosa sociedade. É una lacra que temos que erradicar todos xuntos, empezando por educar e sensibilizar ós nenos ante esta problemática.

Para iso, decidimos elaborar, coa axuda do alumnado de 2º e 4º ESO, una árbore de globos de distintas cores. Os de cores vivos tiñan mensaxes positivos e os negros, negativos. Limos todo, coa esperanza de que os positivos queden dentro de nós e así poder cambiar o mundo, para mellor, claro.











miércoles, 31 de octubre de 2018

Festexando o Samaín

Hoxe no IES Carlos Casares celebramos o Samaín, una festa popular galega na que participan todos os alumnos coa decoración da biblioteca con cabazas, pantasmas, bruxas e xestas que se converten en basoiras.
Hai carameliños para todos e repartiremos marcapáxinas feitos para a ocasión.
Truco ou trato?













miércoles, 24 de octubre de 2018

lunes, 15 de octubre de 2018

Día das Escritoras

Conmemoramos esta data cunha exposición de libros de escritoras galegas e castelás como Luz Gabás, María do Cebreiro, Ledicia Costas, María Reimóndez ou Irene Cívico.
Esperamos a vosa visita para ler algún dos textos das mesmas.



jueves, 4 de octubre de 2018

Libro recomendado do mes de outubro

Iniciamos o noso apartado de libros recomendados con "El teorema del loro" de Denis Guedj, unha simbiose de humor e razón pura que nos sirve de entretida lección de matemáticas. Estamos falando dunha trama polifónica intercalada de flashbacks de vidas de matemáticos célebres na que predomina a voz dun intelectual de oitenta e catro anos chamado M. Ruche.
Xa me contaredes se vos gustou...


viernes, 28 de septiembre de 2018

Curso 2018-19

Inauguramos o novo curso 2018-19 presentándovos o noso "Recuncho do cómic" con moitos exemplares de banda deseñada.
Pasádevos pola biblioteca e disfrutade de "Mortadelo e Filemón", "Los Simpson", "Spiderman" ou "Asterix".







lunes, 18 de junio de 2018

Encontro literario con Eva Mejuto

Hoxe celebramos un novo Encontro Literario "A luz da candea" coa presencia da autora Eva Mejuto que escribiu "22 segundos" para facer visible a transexualidade na historia de Ánxela que, pouco a pouco, pasa a ser Alex e busca a súa liberdade.
Falamos sobre a identidade e de como se fixo este libro que aínda que é de ficción, moitas das súas historias son reais.

Grazas a todas aquelas persoas que fixeron posible este evento.





lunes, 4 de junio de 2018

Encontros dos clubes de lectura

O pasado venres organizáronse os "Encontros dos clubes de lectura" en Santiago de Compostela e alí estivemos para empaparnos de tantas ideas sobre novas lecturas, banda diseñada e todo aquilo que nos permite medrar no noso mundo literario e real.




jueves, 24 de mayo de 2018

Actividade no Museo de Lugo

Cos nenos de 1º e 2º ESO estivemos preparando uns contos que se desenvolven no espazo do Museo de Lugo e alí tiveron unha actividade por grupos na que tiñan que encontrar diversas cousas a través das pistas que lles daban.



lunes, 21 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas fixemos una pequeña exposición da vida e obra de María Victoria Moreno e ademáis os alumnos de 1º e 2º ESO asistiron na Casa da Cultura de Viana do Bolo á representación de "Leonardo e os fontaneiros". O concello regaloulles un libro da autora a cada un.
Moitas grazas :)
 



 
Unhas fotos da asistencia á obra de teatro: