domingo, 31 de enero de 2016

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que conmemora a morte de Mahatma Gandhi. É unha xornada fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio a unha educación non violenta e pacificadora de carácter permanente.
Na biblioteca podedes atopar 2 biografías sobre Gandhi que vos permitirán coñecer a vida deste pacifista.
Se preferides tedes a película Gandhi dirixida en 1982 por Richard Attenborough, unha biografía sobre este figura central do movemento de independencia indio e defensor da non violencia e que foi gañadora de 8 premios Oscar .
Para rematar o equipo da biblioteca deixamos un poema de Blas de Otero, pertencente a súa obra Pido la voz y la palabra publicado en 1954, e unha das famosas pombas (gran símbolo da paz) pintadas por Rafael Alberti.
                                              EN EL PRINCIPIO
Si he perdido la vida, el tiempo, todo
lo que tiré, como un anillo, al agua,
si he perdido la voz en la maleza,
me queda la palabra.

Si he sufrido la sed, el hambre, todo
lo que era mío y resultó ser nada,
si he segado las sombras en silencio,
me queda la palabra.

Si abrí los labios para ver el rostro
puro y terrible de mi patria,
si abrí los labios hasta desgarrármelos,
me queda la palabra.

martes, 12 de enero de 2016

Lectura recomendada do mes de xaneiro de 2016

Seguimos coa triloxía do Baztán e neste ocasión coa segunda entreda de Dolores Redondo "Legado en los huesos", unha obra onde atoparemos máis tensións, emocións e revelacións.
O xuizo contra o padrastro da xoven Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste Salazar, a inspectora da policía foral que resolvera os crimes do Baztán. Este acto cancélase polo suicidio do acusado que deixa unha nota para a inspectora "Tarttalo". Esta sola palabra leva á Salazar a un trepidante final.
Descúbreo!