lunes, 30 de enero de 2017

Celebrando o Día da Paz

Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e os nosos alumnos, moi conscientes do que significa, levan uns días traballando nunha serie de actividades e murais para commemorar esta data.
Aquí vos deixo unha pequena mostra da exposición que preparamos no pasillo de entrada do instituto.
 






Grazas a todos pola vosa colaboración.

jueves, 26 de enero de 2017

Informatización da biblioteca

Ola!
Queremos compartir con todos vós a nosa ledicia porque a informatización da nosa biblioteca xa está en marcha.
Uxía e Monse, coa axuda de Jose Luis, están procedendo á confección dos códigos de todos os rexistros e dos carnés de usuarios, que serán entregados en breve.
 
Aquí una mínima mostra deste arduo traballo:
 
 
 
Grazas a todos os que colaborades con nós.

lunes, 23 de enero de 2017

Tertulia literaria con Xabier Quiroga

O club de lectura en colaboración coa biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo está preparando un Encontro literario co escritor Xabier Quiroga.
Para iso, estamos traballando coas súas obras "Era por setembro" para 3º e 4º da ESO e "Izan o da saca" para 1º Bacharelato.
Seguiremos informando unha vez que teñamos data fixa para este prestixioso evento.

 

jueves, 12 de enero de 2017

Voluntariado 2016-17

Presentámosvos ó voluntariado da biblioteca deste curso 2016-17. Son rapaces que adican parte do seu tempo libre a colaborar no noso espazo lector facendo préstamos de libros, devolucións...vixiando que todo estea en orde e colocando o material no seu sitio.
 
A todos eles, moitas grazas.
 

martes, 10 de enero de 2017

Libro recomendado do mes de xaneiro

Nesta ocasión propoñemos a lectura de "El libro de los Baltimore" de Joël Dicker, unha novela que debería lerse despois de "La verdad sobre el caso Harry Quebert" do mesmo autor e que trata da historia dos Goldman-de-Baltimore.
Cando Marcus Goldman entérase de que o seu curmán Woody está a punto de entrar no cárcere, diríxese a Baltimore para pasar con el o seu último día de liberdade pero unha chamada inesperada o cambia todo e Marcus emprende un longo camiño para descubrir os secredos da súa familia.
Marcus sempre sentiu fascinación polos Goldman-de-Baltimore, unha saga familiar con suntuosas mansións, éxitos profesionais e deportivos, vacacións de glamur e moito máis...pero o drama vaise perfilando...
Invítovos a descubrilo...