martes, 21 de marzo de 2017

Día Mundial de la Poesía

Hoxe, 21 de marzo é o Día Mundial de la Poesía e desde a biblioteca quixemos celebralo cunha actividade moi interesante coa que facer unha inmersión no excepcional e marabilloso mundo da poesía. Para iso, decidimos empezar a primeira hora das clases de hoxe lendo diferentes poesías en castelán e en galego, comentando, de forma resumida, o contido dos poemas e algúns datos sobre o autor/a e a época.
 
Aquí tedes as poesías que se recitaron:
  • "Amor constante más allá de la muerte" de Quevedo.
  • "Desmayarse, atreverse, estar furioso" de Lope de Vega.
  • "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
  • "Sempre hai unha princesa, un dragón e unha torre" de Marta Dacosta.
  • "Romance de la Luna, Luna" de F. García Lorca.
  • "Chove en Santiago" de F. García Lorca.
  • "Porque mis dedos son de la talla de tu piel" de Raúl Vacas.
  • "Poema Nuclear" de Celso Emilio Ferreiro.
  • "Canción del pirata" de Espronceda.
  • "En el principio" de Blas de Otero.









    Deixamos aquí un enlace ó twitter do noso centro para que podades ver máis fotos:
     
 

lunes, 20 de marzo de 2017

PLAMBE 2017

O pasado 17 de marzo asistimos ós Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/2017 onde compartimos unhas xornadas con todos os membros das bibliotecas de Galicia que forman parte do PLAMBE.
No Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela tiveron lugar diferentes ponencias como a Sara Pereira sobre A educación para os Medios nun mundo dixital: o papel das bibliotecas escolares, a de Eugenia García Canle titulada A biblioteca, unha oportunidade para o cambio nos centros educativos ou a de Marilar Aleixandre sobre Os libros como ferramenta no desenvolvemento da cidadanía crítica, que nos aportaron moitas ideas para a dinamización da nosa biblioteca. Con todo isto, queda claro que seguiremos poñendo en práctica novas actividades que esperamos que sexan do gusto de toda a comunidade educativa.
 
 
 






martes, 7 de marzo de 2017

Semana da prensa

Na semana da prensa, que commemoramos do 6 ó 10 de marzo, a biblioteca do IES Carlos Casares realiza unha exposición de periódicos rexionais, nacionais e internacionais co fin de que os alumnos sean capaces de recoñecer os distintos diarios e a liña editorial que marcan.
Traballaremos cos distintos grupos as distintas seccións dos periódicos e visitarán a exposición guiados por un profesor que lles solucione as distintas dúbidas a nivel de prensa.
 
 

viernes, 3 de marzo de 2017

Libro recomendado do mes de marzo

Hoxe imos falarvos do poemario "Os inocentes" de María do Cebreiro, representante da Nova Poesía Galega, que con esta obra regresa ó intre fundacional da lírica, a ese momento histórico no que a poesía chegou a ser definida como emoción evocada no acougo e a imaxinación foi pensada como a capacidade intelectual máis estimable.

A súa última obra publicada "O deserto" é un poemario no que priman as sensacións e que transmite unha impronta vitalista aínda na dor, no sangue, na pel e na soidade.
Podemos afirmar, como di María nun dos seus poemas, que "A vida non ten sentido. A vida é o sentido".











jueves, 2 de marzo de 2017

Certame literario no Ano Casares

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo, co gallo da commemoración do Día das Letras Galegas adicado a Carlos Casares, convoca o seguinte certame literario: