jueves, 18 de mayo de 2017

Semana adicada ás Letras Galegas

Desde a biblioteca e o Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE) tiñamos moitas ganas dunha tertulia literaria con María do Cebreiro co gallo de acercar a poesía galega ás aulas e que os alumnos puideran nutrirse da traxectoria vital e poética dunha autora do panorama literario galego actual, polo que decidimos que sería moi especial que se fixera na semana adicada ás Letras Galegas.
Aí van unhas imaxes do que podemos vivir e disfrutar:
 




 
Do mesmo xeito, nesta semana tan importante  tiña que estar moi presente o noso homenaxeado Carlos Casares e para iso os nenos de ITI fixeron una serie de infografías sobre a vida e obra do autor que están expostas no salón de actos do centro.



E como non, as nenas de 1ºESO retocaron una caricatura de Carlos Casares que xa debuxaran os alumnos de ITI e que logo foi exposta na antesala do instituto.


 
E para rematar ben os festexos, a nosa alumna Alba Pereira Estévez fíxonos un agasallo que non é outro que a presentación da nosa mascota VINCA. A mascota elexida é una abelliña pola relación que teñen estas terras co mel e o nome de Vinca vén pola cercanía de Pena Trevinca.
Aquí a tedes:
 
Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario