martes, 31 de octubre de 2017

Celebrando o Samaín

Os alumnos de 1º e 2ºESO traballaron durante varias semanas para poder decorar a nosa biblioteca no Samaín.
Aquí tedes as fotos de como foi o proceso de realización das cabazas e demáis elementos terroríficos para conmemorar esta data.





E así quedou todo:










Grazas a todos pola vosa colaboración!


martes, 24 de octubre de 2017

Día das BIbliotecas 2017

Neste Día das Bibliotecas amosámosvos gran parte das novidades dos nosos clubs de lectura.


E, como non, ao noso grupo de voluntariado que sen a súa axuda non poderianmos facer moitas das actividades do noso espazo lector nin a biblioteca funcionaría igual.
Grazas a todos!

martes, 17 de octubre de 2017

Redistribución do noso espazo lector

Co inicio do curso, decidimos remodelar o espazo da nosa biblioteca e aquí están os resultados:







Tamén queremos agradecer a Xosé Carlos Caneiro este gran agasallo dalgunhas das súas obras como "Ámote", "A vida nova de Madame Bovary" , "Un último destino" ou "Os dominios de Caín".
Grazas!


lunes, 16 de octubre de 2017

Premios Planeta 2017

El escritor Javier Sierra es el gran triunfador de los Premios Planeta 2017 con su obra «El fuego invisible», una novela que mezcla aventuras, intriga y exotismo; un «thriller» de aventuras con los extensos conocimientos que el escritor posee de un tema que ha sido objeto de no poca literatura como es la búsqueda del Santo Grial.
Cristina López Barrio resultó ayer finalista del premio con «Niebla en Tánger», una novela de misterio y emociones en la que una mujer casada y aburrida emprende una aventura fugaz con un hombre misterioso. En la obra relata la vida de una mujer que vive con tedio su matrimonio y acaba yendo a un hotel con un desconocido, que le llevará a protagonizar una aventura que la trasladará a Tánger.




P.D. Próximamente estarán a vuestra disposición en nuestra biblioteca.

domingo, 8 de octubre de 2017

Libro recomendado do mes de outubro

Iniciamos as nosas recomendacións mensuais con "La magia de ser Sofía", unha obra de Elísabet Benavent que nos transmite con frescura e humor o que sucede cando dúas persoas cargadas co peso das circunstancias encóntranse e descubren que a maxia só existe cando se miran aos ollos.

Tédela á vosa disposición na estantería de Novidades da nosa biblioteca.




lunes, 2 de octubre de 2017

Curso 2017-18

Presentámosvos o novo cartel das bibliotecas escolares "Aprender a pensar coa biblioteca escolar", lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual.


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1014