jueves, 30 de noviembre de 2017

Tertulia literaria con Antón Riveiro Coello

Ola a todos!
Onte tivemos o placer de asistir a unha tertulia literaria en Allariz sobre a obra "A ferida do vento" de Riveiro Coello, unha novela autobiográfica na que reflexa as súas vivencias en Xinzo.
Pola súa obra aparecen persoas da súa infancia, a familia, o entorno no que creceu, as rúas e prazas da súa terra e Carlos Casares, escritor co que o uniu unha bonita amizade que compartiu con nós.
Ó chegar á Casa da Mocidade, comezamos cunha tertulia radiofónica e un representante de cada centro educativo puido entrevistar ó autor.





Despois pasamos ó encontro literario onde Antón Riveiro contounos e ampliounos moitas partes do libro para poder entender mellor os sentimentos reflexados na súa obra.





Grazas a todos os alumnos que quixeron asistir e disfrutar desta tertulia, ás profesoras de Allariz que foron as organizadoras e sempre nos invitan a participar, ós centros participantes pola súa acollida e a Antón Riveiro Coello por deleitarnos coas súas verbas e polo seu cariño.

lunes, 27 de noviembre de 2017

Todos contra a Violencia de Xénero

Desde a biblioteca do IES Carlos Casares tamén quixemos sumarnos a todas as actividades propostas para o 25N Día contra a Violencia de Xénero e, para iso, os nosos alumnos fixeron un mural con diferentes lemas contra esta problemática social e no que escribiron o nome de parte das mulleres asasinadas este ano.
Do mesmo xeito, decidimos seleccionar unha serie de cancións como "Malo" de Bebe ou "Yo no soy esa mujer" de Paulina Rubio e poñelas nos recreos para que os rapaces se dean conta da importancia de intentar solucionar esta lacra. Eles mesmos puideron elexir diferentes cancións relacionadas coa Violencia de Xénero.






miércoles, 22 de noviembre de 2017

Mochilas viaxeiras 2017-18

Ola a todos!
Onte puxemos en marcha a actividade chamada "Mochilas viaxeiras" e os alumnos de 1º ESO xa as levaron para as súas casas con libros en galego como "Esmeraldina, a pequena defunta" de Ledicia Costas, "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa" de Anxo Fariña e en castelán como "La historia de Julián" e "Charlotte tiene la palabra" de R.J. Palacio.






Esperamos que sexa un éxito e que sigades pedindo moitas mochilas viaxeiras :)



Hai sorpresa!


martes, 21 de noviembre de 2017

Os Premios Planeta na nosa Biblioteca

Ola!
Xa tedes á vosa disposición os Premios Planeta 2017.
"El fuego invisible" de Javier Sierra, unha novela na que o seu protagonista chega a Madrid e encóntrase con Victoria Goodman e a súa axudante, unha misteriosa historiadora de arte. Remotas igrexas románicas dos Pirineos, coleccións de arte en Barcelona, libros antigos e extraños códigos alinéanse nunha trama chea de intriga, literatura e arte.



"Niebla en Tánger" de Cristina López Barrio, narra unha historia na que Paul Dinger desaparece no porto de Tánger e Flora Gascón, sesenta e catro anos despois, sospeita que é o mesmo home co que tivo unha aventura en Madrid e do que se namorou.



Se queredes saber máis...hai que lelos :)







miércoles, 8 de noviembre de 2017

Vinca, a nosa mascota

Xa temos na biblioteca a Vinca, a mascota que a partir de agora vai organizar todas as actividades do noso espazo lector.
Decidimos chamarlle Vinca pola proximidade de Viana con Pena Trevinca e eleximos a unha abelliña pola relación destas terras co mel.
Aquí vola presentamos e estade atentos ás instruccións de Vinca :)