lunes, 19 de febrero de 2018

7 de marzo: Encontro Literario "Á luz da candea" con Ledicia Costas

Queremos transmitirvos a nosa alegría porque o próximo 7 de marzo teremos no IES Carlos Casares a Ledicia Costas no marco dos encontros literarios "Á luz da candea" que inauguramos o pasado curso.
A autora reunirase con alumnos de 1º a 4º de ESO e compartirá reflexións e anécdotas de varios dos seus libros.
Estamos preparando todo con moito cariño :)







 







jueves, 8 de febrero de 2018

Libro recomendado do mes de febreiro

"A boca do inferno" de Jaureguizar é a nosa aposta mensual e, por iso, imos adiantarvos un chisco do seu argumento que esperamos que sirva para abrir boca :)
Un libreiro aparece asasinado nas coñecidas termas de Ourense e todo porque el sabía onde estaba A Boca do Inferno, o acceso ó lugar onde arden os condenados. Tedes que saber que esa entrada outorga un poder...cal é? 
Tratade de enterarvos e cando queirades comentamos o libro :)